Unha das áreas onde é máis preciso actuar no sector do mar é na formación. Atendendo a isto a Xunta, a través da Consellería do Mar, destina 1,5 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura. Investimentos destinados ás entidades para que desenvolvan directamente cursos formativos, como o que se está a desenvolver en Noia de Patrón Local de Pesca-Máquinas.