O acoso escolar é unha das problemáticas sociais que se poden vivir nos centros educativos. Para definilo, detectalo e previlo a ANPA do Caramecheiro organiza unha serie de obradoiros para frear o número de casos de posible acoso escolar que se están a producir no IES N 1 de Ribeira.

