22 septiembre, 2026
Image default

SILVESTRE GÓMEZ DEBUTOU COMO PROFESIONAL CON VITORIA NA VELADA HOMENAXE A TONO DA SILVA.

O Liceo de Noia abriu por terceira ocasión as súas portas á velada Homenaxe a Tono da Silva que se celebrou este sábado. A emoción tomou o protagonismo na apertura do acto, onde o referente do boxeo volveu a estar presente grazas á proxección de imaxes de da Silva e á música de Narci Rodríguez e Jerry Noia.

Tras este comezo tan emotivo foi a quenda no boxeo e sobre o ring vivíronse momentos que quedarán gravados na memoria de moitos. Un dos máis agardados foi o debut do noiés Silvestre Gómez como profesional. Houbo que agardar ao final da velada para velo en plena acción ante o rumano Daniel Cosby, e na súa estrea na categoría Silvestre alzouse cun gran triunfo por KO no primeiro asalto

Numerosos deportistas vestíronse de curto e enfundáronse os guantes para disputar os seus combates. O duelo de César Martín e Mauro Rodríguez abriu a loita. Logo foi a quenda da sonense Julia Santos, La Pulguita, que se impuxo nos puntos á súa rival.

Nicolás Benítez, tamén do SKT organizador da cita, venceu no seu combate, anotando un novo triunfo para os anfitrións. Na categoría neoprofesional houbo representación noiesa e o local Dano Gorras non deu opcións ao seu rival, Noel Vilas, e facéndose coa revancha.

Os dous títulos galegos que estaban en xogo conquistáronos Adri Conde e Angello Vásquez.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI NON PUIDO CO JAÉN E PERDEU NO OLIVO POR 6-3

CloudyX

O CD BOIRO SUMOU ESTA FIN DE SEMANA UNHA IMPORTANTE VITORIA A DOMICILIO TRAS IMPOÑERSE AO SILVA SD NO CAMPO DA GRELA.

CloudyX

O CLUB DE REMO CABO DE CRUZ PECHOU ESTA FIN DE SEMANA A TEMPADA COA DISPUTA DA XORNADA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO Á LIGA ACT.

CloudyX