20.4 C
Chicago
25 octubre, 2026
Image default

DETIDOS CATRO VECIÑOS DE BOIRO POR COMETER ROUBOS E OCASIONAR DANOS POR VALOR DE 80.000 EUROS.

A Garda Civil de Boiro vén de deter a tres homes e unha muller como presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio no marco da operación Larpeiros. A investigación comezou xa o pasado verán, por mor do incremento de roubos nos termos municipais de Boiro e A Pobra.

O modus operandi dos detidos consistía na vixiancia de posibles obxectivos para despois acceder ao lugar en horario nocturno, sen importarlles causar desperfectos para obter o seu obxectivo. Para transportar os efectos roubados empregaban remolques previamente substraídos.

Logo de investigar a información recollida, en parte grazas á colaboración cidadá, os axentes lograron a identificación dos individuos, resultando ser tres varóns e unha muller, todos eles veciños de Boiro. Estímase que o valor dos artigos roubados e os danos causados ronda os 80 mil euros.

Unha vez detidas estas catro persoas como presuntas autoras de arios delitos contra o patrimonio e integración en grupo criminal, foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión de dúas delas.

Related posts

O PLENO DE BOIRO DEBATE A CRISE HABITACIONAL E A XESTIÓN DOS RECURSOS HIDRÁULICOS

CloudyX

DEPUTACIÓN E BOIRO INVESTEN 252.000 EUROS NA RECUPERACIÓN DO PAZO DE GOIÁNS

CloudyX

AMICOS PROMOVE O SEGUNDO ENCONTRO DO PROXECTO EUROPEO TRAP CON PERSOAS CON DISCAPACIDADE E ESCOLARES PARA REDUCIR O PLÁSTICO NOS RÍOS

CloudyX