16 noviembre, 2026

A CASA DE cultura da Serra de Outes acolle a exposición “3 DÉCADAS ARGALLANDO NO ESPAZO” de Emilio Mariño.

Emilio Mariño é un recoñecido escultor de Noia obtivo varios premios entre os que podemos destacar o Premio adquisición Fundación Otilia Millares Vázquez no 2013, o 2º Premio de escultura Galería Arte de Burela no 2008 ou o 2º Premio Nacional de Escultura Logrosán no 2015.
As súas obras ofrecen unha gran variedade de materiais empregando: chapa, zinc, aceiro inoxidable, ferro ou madeira. Nas súas creacións converte a rixidez en movemento, a linearidade en volume, emprega profundas fendas nalgúns casos e noutros espirais, marcando unha dinámica escultórica precisa e determinante nas súas pezas.
Ademais de obras de arte podemos destacar a creación de diversos trofeos, como os do festival de cortos organizado por Feima. A exposicion pode visitarse ata o 24 de xaneiro

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX