O libre marisqueo era unha das épocas máis agardadas para os profesionais do mar polo alto volume de produción e ventas. Sen embargo dende hai máis de dez anos foi perdéndose ata chegar a actualidade, onde apenas hai mariscadores que traballan nas zonas libres. A semana pasada o sector e a Consellería do Mar mantiveron unha xuntanza para afondar nas problemáticas desta modalidade e atopar solucións.

