O PP de Ribeira denuncia a perda dunha subvención para a repotenciación do polígono industrial do municipio. Acusan agora ao goberno local de desinterese en fomentar a creación de chan industrial na vila.
Sinala a súa voceira que pasados case dous anos da entrada no poder do actual Executivo non se viron iniciativas para a promoción do polígono máis alá das propostas pola súa formación.