O salón de actos do Hospital do Barbanza abriu as súas portas para acoller unha iniciativa da UPA de Ribeira e da Área Sanitaria titulada “A xestión da vulnerabilidade no século XXI: retos, transformacións e perspectivas”. Unha actividade impulsada para afondar en diferentes cuestións e que está aberta a todos os públicos.

