O benestar das persoas está vencellado a unha boa saúde física, pero tamén mental. Nos últimos tempos creceu de forma moi destacada a demanda dos pacientes para acudir a estes especialistas por diferentes motivos: dende ansiedade, a depresión ou estrés. Pero o certo é que na sanidade pública non se está a ofrecer un servizo que cubra a demanda polo que en moitos casos as persoas que precisan atención teñen que recorrer a especialistas privados, sempre que poidan costealos.

