A criminalidade e a delincuencia levan anos sendo un dos temas que máis dá que falar en Ribeira. Agora, cos datos publicados polo Minsterio do Interior, sabemos que capital do Barbanza é a vila coruñesa con maior auxe en canto aos delitos convencionais.
Isto non queda unicamente no papel. Son moitos os veciños que dende hai tempo aprecian un clima de inseguridade nas rúas ribeirenses.