O ano comezou en Galicia con 121.320 persoas no paro, a cifra máis baixa nun mes de xaneiro dende que hai rexistros, o 1996, e acumula 16.559 novas afiliacións á Seguridade Social en comparación co xaneiro do 2024. Uns datos destacados polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.