Este sábado o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou a empresa JJ Chicolino beneficiaria das liñas de axuda da Xunta en materia de I+D+i para o desenvolvemento de tres proxectos. As iniciativas da firma boirense están enmarcados na acuicultura e na pesca, sector no que a empresa conta con máis de 40 anos de experiencia. Rodríguez coñeceu de primeira man o traballo que se realiza a compañía de Boiro e destacou o seu labor.

