O teatro acapara a axenda cultural en Noia esta fin de semana. A compañía Sarabela desembarca na vila coa representación O Dragón de Ouro, unha obra na que a través dunha comunidade de veciños e un restaurante de comida chinesa se tratan temas como as relacións sociais ou a emigración.

