A alcaldesa de Outes Beatriz Molinos destacou esta mañá as actuacións que o goberno local está a desenvolver cando se cumpren 120 dias de goberno, dende que ocupou o cargo de Alcaldesa en sustitución de Carlos López Crespo. Segundo explicou a alcaldesa outiense faise un traballo en equipo polo que se continúa a liña que se viña mantendo dende o comezo da lexislatura, con varias actuacións en marcha con cargo o POS, da Deputación, e tamén unha importante actuación da consellería de infraestructuras, a Travesía de Outes.
Pero o executivo outiense tamén realiza actuacións con fondos propios, arranxo de infraestructuras, melloras no paseo marítimo e fluvial, e sen dúbida, unha das actuacións mais destacadas na que traballan dende o Concello, a posta en valor e o recoñecemento á carpintería da Ribeira, un oficio de gran tradicción en Outes, e que todavía perdura. A idea do executivo é adquirir un antigo asteleiro.
