Os fondos europeos Next Generation executaranse este ano na Mancomunidade Barbanza Arousa. Así o afirma a súa xerente Fátima Cachafeiro, que espera esta achega económica dea impulso aos concellos para gañar nome a nivel nacional.
Prevense así actuacións para seguir promovendo a contorna como destino turístico atractivo, seguindo así unha liña continuista con respecto ao 2024.