Se hai unha comida típica coa chegada do frío e do Entroido a Galicia esa é o cocido. Un dos elementos fundamentais para cociñalo é para moitos botarlle grelos. Con todo, este 2025 está marcado pola pouca presenza desta verdura nos comercios.
Os vendedores apuntan ás choivas do ano pasado como principais culpables na menor colleita deste ano. Sinalan iso si que sempre hai anos nos que diminúe a cantidade recollida, e esperan que o vindeiro repunten os números.

