Galicia conta cunha tradición no sector conserveiro arraigada dende hai séculos. Para poñer en valor este oficio e as empresas del, o conselleiro do Mar visitou hoxe as instalacións de Conservas Sotavento, en Outes, dende onde puxo en valor a importancia na comunidade dos produtos de calidade galegos.
Para Alfonso Villares a gran calidade dos produtos como o Azul de Portosín sitúan a Galicia e as súas conservas como principal activo económico e alimentario.

