Todo preparado tamén en Boiro para recibir a visita das súas maxestades. O Concello e a Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón organizan a cabalgata que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro. A saída está prevista para as 17.45 horas da Magadalena e terá tramos sen ruídos.

