Era o día sinalado e estaba todo preparado no Casino de Noia para desvelar ao gañador do XXIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. Logo do traballo e valoración do xurado formado por Antonio Piñeiro, Ismael Ramos e Ana Romaní, esta mañá coñeceuse á obra que se fixo con esta nova edición do recoñecido concurso literario noiés.

