A lotería de Nadal non deixou este ano grandes premios no Barbanza. Con todo, non se pode dicir que non eludira ao cen por cento a comarca. O terceiro premio vendeuse en Noia, ao que sumando pedreas, terminacións, aproximacións e reintegros chégase case aos tres millóns de euros.
Dende as administracións, conscientes de que este 22 de decembro non recibiron moitos premios, poñen a vista en Reis.

