A casa da cultura de Outes acolleu unha nova edición da Gala do Deporte da vila. Trátase da segunda edición dunha cita onde se recoñeceu a labor de deportistas, clubes e institucións ao longo do 2024.
A categoría de mellor deportista feminina foi para Sara Caamaño, de Atletismo Barbanza, a masculina para Daniel Abeijón, do Club Deportivo Ludus. As mellores promesas foron Rosa Outeiro, do Piragüismo Outes, e Pablo Gandarela, futbolista da canteira do Deportivo da Coruña.
O premio a mellor equipo levouno o xuvenil do Outes Fútbol Club, mentres que Pablo Carou, do Ludus, recibiu a distinción como entrenador. O evento deportivo máis exitoso do ano foi para a final de duatlón escolar organizada polo club de piragüismo.
Ao evento acoderon diferentes personalidades relacionadas co deporte de Outes e da comarca. Unha das máis importates, por ser o impulsor da cita, foi o concelleiro desta materia, que quixo agradecer aos asistentes e aos premiados. Con todo, houbo tamén quen puxo o foco en Tono Caamaño.