6 septiembre, 2026
Image default

AMICOS PRESENTA O CALENDARIO SOLIDARIO 2025 INSPIRADO NA LITERATURA MARIÑA

O Coliseo Noela acolleu o tradicional festival de Nadal da asociación Amicos. O evento comezou con outra actividade representativa da entidade, a presentación do calendario solidario. Os integrantes de Amicos desfrutaron dunha data cargada de música, baile e distintas actuacións.

O festival arrincou co calendario, que nesta ocasión está inspirado en portadas de libros relacionadas co mar. O autor das instantáneas foi Lesmes Fotógrafos, que capturou aos integrantes da asociación dun xeito creativo.

Os calendarios poderán adquirirse cun custo de 7 euros o de mesa completo, 5 sen a base de madeira e 8 o almanaque grande para colgar.

Dende Amicos quixeron agradecer aos fotógrafos encargados das imaxes, ao tempo que salientaron a labor dos profesionais encargados do festival.

Related posts

COMEZAN EN BOIRO AS OBRAS PARA RENOVAR O ENTORNO DO LAVADOIRO DE COMOXO

CloudyX

BOIRO PREPÁRASE PARA CELEBRAR O MES DA DANZA CUN CONVIDADO DE EXCEPCIÓN

CloudyX

BOIRO ABRE AS SÚAS INSCRICIÓNS PARA UNHA NOVA EDICIÓN DAS SÚAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

CloudyX