Icono del sitio CanalBarbanza.com

AMICOS PRESENTA O CALENDARIO SOLIDARIO 2025 INSPIRADO NA LITERATURA MARIÑA

O Coliseo Noela acolleu o tradicional festival de Nadal da asociación Amicos. O evento comezou con outra actividade representativa da entidade, a presentación do calendario solidario. Os integrantes de Amicos desfrutaron dunha data cargada de música, baile e distintas actuacións.

O festival arrincou co calendario, que nesta ocasión está inspirado en portadas de libros relacionadas co mar. O autor das instantáneas foi Lesmes Fotógrafos, que capturou aos integrantes da asociación dun xeito creativo.

Os calendarios poderán adquirirse cun custo de 7 euros o de mesa completo, 5 sen a base de madeira e 8 o almanaque grande para colgar.

Dende Amicos quixeron agradecer aos fotógrafos encargados das imaxes, ao tempo que salientaron a labor dos profesionais encargados do festival.

Salir de la versión móvil