Unha colisión entre dous vehículos en Outes saldouse cunha persoa ferida de carácter grave. O accidente produciuse ó colisionar un turismo e unha furgoneta na AC-550, en Outes, a altura do tanatorio, ás 16:00 horas.O ferido é un varón de uns 60 anos de idade, que responde as iniciais, J.F.L. Dende o CAE 112 informouse ao GES de Muros, Protección Civil, Policía Local de Outes e á Garda Civil de tráfico, que de inmediato acudiron ó lugar.
A vítima foi trasladada polos servizos de Urxencias Médicas a un centro hospitalario.
https://www.youtube.com/watch?v=MZ_zPJvZbg0