7 septiembre, 2026
Image default

O VINDEIRO 8 DE DECEMBRO FARÁ UN ANO DA PERDA DE SEIS CONTEDORES DE PELETS DO BUQUE PORTUGUÉS TOCONAO NAS COSTAS DE VIANA DO CASTELO

Hai case un ano a Dirección Xeral de Recursos Naturais, Seguridade e Servizos Marítimos de Portugal alertaba ao goberno español da perda de seis contedores á altura de Viana do Castelo por parte do buque Toconao. A día de hoxe a Xunta segue reclamando responsabilidades na xestión dos pelets nas costas galegas, polo que presentarán un recurso de alzada demandando culpas á armadora.

A conselleira de Medio Ambiente visitou hoxe a praia de Queiruga en Porto do Son para anunciar que o goberno autonómico presentará un recurso de alzada ao executivo español demandando responsabilidades á armadora polo incidente que derivou nunha marea de pelets en toda a costa galega.

Cifra a conselleira en 2,6 millóns de euros o gasto que supón aos galegos o inmobilismo dende Madrid, calificando de irresponsables as accións do goberno central.

Related posts

O PORTO DO SON XA ESTÁ EN FESTAS

CloudyX

PORTO DO SON ESTÁ EN FESTAS DO 7 AO 11 DE SETEMBRO

CloudyX

A ACTIVIDADE MANTENSE NO PORTO DO PORTO DO SON GRAZAS A DIVERSIDADE DE ESPECIES

CloudyX