Barbanza

OS COMERCIOS E AS VIVENDAS ULTIMAN OS DETALLES DA DECORACIÓN DE NADAL

Beléns, árbores de Nadal e luces levan semanas colocándose nas casas e nos comercios por todo o país. Cada ano a temporada de decoración comeza antes, o que non deixa indiferentes aos comercios encargados de vender estes adornos.

Un dos máis coñecidos de Ribeira é a Floristería Mandrágora. A chegada destas datas supón o comezo de vendas dos produtos típicos do Nadal, e fano cada ano con maior antelación. E entre todos os elementos, destacan os beléns. A alta calidade das pezas e a gran demanda por parte dos compradores fan deles unha das xoias da coroa nas festas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.