Galicia

O PECHE DA PESCA DE SARDIÑA SEGUE PREXUDICANDO AO SECTOR

A pesquería de sardiña leva pechada en augas españolas dende as doce da noite de onte 27 de novembro. Só se permite a súa captura accidental para evitar descartes doutras especies.

Esta situación non gusta no sector, que esperaba o peche preto do 15 ou o 20 do mes de decembro. A esta clausura súmaselle a mala situación dos prezos, afirmando os profesionais que non son capaces de obter os beneficios desexados.

Cuns valores entre 80 céntimos e un 1,50 euros, en Portosín apuntan ademais ás empresas conxeladoras e ás áreas comerciais como culpables desta situación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.