O final de ano adiántase para o cerco de Portosín e moi probablemente para o galego. Ata o momento as embarcacións mantiñan a súa actividade grazas á sardiña, pero a directora xeral de Ordenación Pesqueira, Aurora de Blas, comunicou onte á flota o peche da pesqueira deste peixe azul en augas ibéricas. Algo que afecta en gran medida ao sector.