O 25 de novembro celébranse ao longo da xeografía mundial actos de conmemoración pola loita contra a violencia da muller. Os concellos do Barbanza non quedan atrás con estas iniciativas. Ribeira e Lousame foron dous municipios que centraron as actividades nos máis mozos.
No caso de Ribeira, a Carpa Multiusos ateigouse de xente, moitos deles escolares para realizar os primeiros actos do día. Alí, os alumnos de diferentes centros colgaron nunha oliveira os nomes das 54 vítimas de violencia de xénero asasinadas dende o 25 de novembro do 2023 ata hoxe.