A carreira polo liderado do BNG na Asamblea Nacional do un de decembro suma un novo candidato. O portavoz do BNG en Mos, Gustavo Barcia, presentou en Santiago Alicerce, unha alternativa no seo do partido, que segundo eles, reforzará a formación nacionalista.
Nace así outra candidatura presentada ao Consello dos nacionalistas que tentará desbancar a Ana Pontón. Aínda así, dende Alicerce aseguran que non pretenden facer mala competencia á de Sarria, se non que nacen para reforzar o partido.
Buscan así, segundo o seu número un, medidas máis atrevidas.