A Gala do Turismo da Mancomunidade Barbanza Arousa suma 16 empresas e servizos turísticos que nesta segunda edición recibirán o distintivo SICTED. A elas súmanse as 33 que renovan nesta campaña.
As compañías que superaron o proceso de calidade foron ratificadas nunha reunión entre os catro alcaldes e representantes das asociacións empresariais. Ademais disto, as entidades cumpriron outros requisitos relacionados coa óptima xestión empresarial e dos servizos, a participación en sesións formativas e asistencias técnicas colectivas.
No ano 2024 aumentou a número de oficio, pasando de 13 a 18. Incorporáronse así un campamento de turismo, comercio, escola de español para estranxeiros, seguridade cidadá e experiencias e talleres turísticos.
Súmanse así a unha oferta sectorial que inclúe hoteis, apartamentos, aloxamentos rurais, restaurantes, bares, cafeterías, oficinas de turismo, museos ou praias.
Esta II Gala do Turismo celebrarase mañá martes ás sete da tarde no Auditorio Novo de Ribeira e poderán seguila en directo dende Canal Barbanza.