Os alimentos artesáns levan anos gañando peso fronte aos procesados. O caso máis claro é o do pan, onde ademais desta premisa, se busca cada vez máis variedades deste popular elemento.
O de centeo é o máis demandado nesta panadería de Portosín. Os consumidores acoden aquí buscando produtos locais e feitos na casa, unha das condicións máis pedidas nos últimos tempos.