Galicia

A DXT INICIOU HOXE UNHA CAMPAÑA ESPECIAL DE VIXILANCIA DO TRANSPORTE ESCOLAR EN GALICIA, COMUNIDADE QUE CONTA CO MAIOR NÚMERO DE ROTEIROS ESCOLARES DE ESPAÑA CON 3.800 LIÑAS E 90.000 USUARIOS

Esta semana a Dirección Xeral de Tráfico impulsa unha nova campaña de vixilancia nas estradas de Galicia. Nesta ocasión está centrada no control do transporte escolar e baixo a coordinación da DXT, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e as policías locais realizarán diferentes comprobacións. Os vehículos e os condutores deberán cumprir coa normativa establecida na materia que inclúe obrigacións como que os menores vaian acompañados por unha persoa debidamente cualificada.

A Delegación do Goberno en Galicia sinala que é unha campaña cunha gran transcendencia na comunidade xa que é a autonomía na que máis liñas de transporte escolar hai, 3.800. Ademais entre os datos das autoridades educativas recóllese que en cada curso o servizo de transporte escolar acolle a máis de 90.000 alumnos e ao día se prestan 7.000 servizos.

Esta semana intensificaranse os controis preventivos, especialmente en estradas convencionais e vías urbanas. Con esta campaña especial búscase concienciar a pais, responsables educativos e condutores de autobuses da necesidade de comprir as normas establecidas neste tipo de transporte.

De acordo con as estatísticas da DXT, o 90% dos accidentes que se producen no ámbito escolar teñen lugar no momento de subir ou baixar do vehículo ou xusto nos instantes inmediatos. En moitos casos, trátase de atropelos causados por unha distracción do menor, do condutor do transporte escolar ou dos acompañantes. A DXT sostén que unha gran parte dos sinistros con lesións graves están relacionadas coa ausencia do uso adecuado dos cintos de seguridade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.