Un galego xera de media 1,14 quilos de lixo ao día, o que equivale a 417 por ano. Aínda que pareza moito, sitúa a Galicia como a cuarta comunidade que menos residuos produce.
Sendo un dato baixo con respecto ao conxunto nacional, o certo é que a reciclaxe é unha tarefa pendente. Segundo datos do INE, das 1,12 toneladas de lixo procesadas no 2022, só 189 mil 817 foron recollidas de xeito separado, o que supón unha proporción do 16,9 por cento.
Moitos galegos afirman estar concienciados coa reciclaxe e o cambio climático, polo que levan a cabo accións como o separado de residuos. Os principais motivos, a ecoloxía e o mantemento do medio ambiente.

