Novembro do 2004. Este foi o momento no que unha agrupación de veciños deu o paso e creou a Asociación Cultural Barbantia para impulsar e dar visibilidade á creatividade no Barbanza. A súa andaina deu comezo hai dúas décadas no Centro Social de Boiro, punto escollido para celebrar este especial aniversario no que estiveron os catro presidentes da organización.