Barbanza

SANIDADE AMPLIARÁ A VACINACIÓN CONTRA O PAPILOMA ATA OS 21 ANOS. ESTE AUMENTO PERMITIRÁ VACINAR A 83 MIL GALEGOS MÁIS

Galicia avanza na prevención do virus do papiloma humano. Ampliaranse as idades de vacinación ata os 21 anos, o que permitirá inmunizar a 83.600 galegos máis.

Comezarase a campaña a partir do 2025 para previr á poboación dunha enfermidade que pode derivar en diferentes tipos de cancro. Aínda que a vacinación será para os varóns nados entre o 2006 e o 2009, con ella búscase tamén unha protección cruzada ás mulleres, a quenes máis afecta o virus do papiloma.

Os expertos celebran esta medida, que permitirá protexer a máis poboación. Segundo as recomendacións médicas, esta vacina debe chegar antes da primeira relación sexual.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.