Barbanza

CO NADAL Á VOLTA DA ESQUINA, SON MOITAS AS PERSOAS QUE XA COMEZARON A MERCAR OS REGALOS

As compras do Nadal levan anos adiantándose cada vez máis no calendario. Ante a suba de prezos xeralizada e as aglomeracións nos comercios nos últimos días antes de dar os regalos, moita xente prefire comezar a mercalos mesmo a finais de outubro.

Os netos e fillos acaparan a atención á hora de comprar. Cos xoguetes e a roupa como principais desexos, hai quen opta tamén por entregar directamente os cartos ou mesmo décimos de lotaría.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.