Galicia eríxese como unha das comunidades autónomas máis solidarias no que doazóns de sangue se refire. Só neste verán houbo máis de 22.500 dedicadas a necesidades asistencias, unhas cifras que permitiron levar a cabo 11.000 operacións.
As constantes campañas da ADOS e da Consellería de Sanidade fomentan o espallamento da solidariedade en todo o territorio. Así, gran parte dos galegos é doante de sangue, aínda que hai quen non o é por vontade propia ou por problemas médicos.