Barbanza

ESGOTADO O BONO COMERCIO DA XUNTA EN 48 HORAS

Dous días foi o tempo que tiveron os consumidores que este luns descargaron o bono activa comercio para empregar os 30 euros de desconto nas compras. Os fondos, de 2,5 millóns de euros, xa se esgotaron esta mañá, segundo informou a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Os establecementos comerciais califícana de eficiente pola dinamización das empresas locais. Piden así máis iniciativas do goberno autonómico de cara ao Nadal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.