O mercado laboral de Galicia pechou outubro con 122.214 persoas desempregadas, a cifra máis baixa nun mes de outubro dende o 1996. Ademais a comunidade rexistra 1.083.376 afiliacións á Seguridade Social, o dato máis alto nun outubro dende o 2005. Así o indicou o conselleiro de Emprego, José González, na súa valoración dos datos.