Barbanza

OS PRODUTOS REACONDICIONADOS GAÑAN PULO ENTRE OS CONSUMIDORES

O suba de prezos xeralizada fai que os artigos usados e reacondicionados gañen protagonismo. Case a metade dos españois aposta polos segundos como primeira opción á hora de mercar. Artigos de electrónica ou mesmo roupa acaparan a atención neste eido, que se caracteriza por ser máis baratos que o resto.

Os reacondicionados son os produtos procedentes de exposición, devolucións de clientes ou que mesmo sofreron danos leves en almacéns. Ao atoparse en bo estado, só precisan un pequeño arranxo para incoporarse ao mercado, o que fai que o seu prezo baixe considerablemente. Por iso cada vez máis xente valora recorrer a eles en caso de precisar comprar.

Con todo, tamén hai quen pensa que ao buscar rebaixas e menos gastos podemos acabar pagando as consecuencias.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.