Noia

O ITF NOIA RECIBE UNHA BENVIDA CON HONRAS POR PARTE DO CONCELLO

O taekwondo noiés volveu do campionato europeo cargado de medallas. Ata 1 atletas do club de Noia viaxaron ata Inglaterra para participar na proba continental, onde case todos obtiveron premios en forma de metal.

Ouros, pratas e bronces choveron para o ITF Noia, que se consagra así como unha referencia no taekwondo a nivel comarcal e galego.

Por isto, dende o Concello de Noia quixeron darlles a benvida na súa volta á casa como merecen. Deceas de persoas asistiron á recepción que o equipo de goberno organizaou para os taekwondistas, que non fixeron máis que agradecer o apoio brindado por familiares, adestradores e institucións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.