16 noviembre, 2026

A Xunta destina na provincia máis de 1.230.000 euros, a través do programa Aprol Rural, á contratación de desempregados que adquiren formación mentres reforzan o labor dos concellos

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o concello de Outes, onde foi recibido pola alcaldesa da localidade, María Beatriz Molinos Vidal. Ambos os dous tiveron oportunidade de saudar e conversar cos beneficiarios do programa Aprol Rural, desenvolvido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Aprol Rural é unha iniciativa orientada aos municipios de poboación inferior a 10.000 habitantes, da que se teñen beneficiado 53 concellos da provincia da Coruña mediante a contratación a tempo completo de 199 desempregados. A Xunta de Galicia destinou aos concellos coruñeses 1.230.057 euros para a realización destes contratos.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX