Un 54 por cento dos españois non chega ás sete horas de sono nocturnas recomendadas polos expertos. Unha de cada dúas persoas admite ter problemas de somnolencia en actividades como o cine ou o traballo, o que demostra unha situación de falta de descanso.
Os horarios laborais ou a situación persoal son os factores que máis inciden nas persoas para non deixalas descansar o suficiente.

