Os mariscadores da ría Muros Noia suman un novo tropezo. Aos catro días do comezo da campaña, os mostreos de Intecmar demostran un resultado positivo por altas concentracións de biotoxina lipofílica que afecta aos moluscos.
Deberán pechar a campaña por tempo indefinido e ata que estes resultados sexan negativos na toxina. Para iso, son necesarias dúas análises con datos negativos, cun día de pausa entre a recollida de mostras.
Dende a confraría aseguran que aínda que é un duro golpe, non lles queda outra que asimilar a realidade.