15.7 C
Chicago
21 septiembre, 2026
Image default

O ALCALDE DE NOIA SOMETERASE ESTE MARTES A UNHA CUESTIÓN DE CONFIANZA VINCULADA AOS ORZAMENTOS

Logo do pleno celebrado hai un par de semanas no que sorpresivamente os orzamentos do concello Noia non saíron adiante ao votar un dos integrantes do grupo de goberno na súa contra, o documento volverá ao salón nobre noiés.

O voto negativo de Luis Alamancos e o seu paso á oposición fan que o executivo encabezado por Santiago Freira quede en minoría. Aínda así, seguen decididos a sacas as contas adiante, polo que o alcalde se someterá a unha cuestión de confianza.

O pleno celebrarase o martes ás dez da mañá co cambio no executivo local como unha posibilidade difícil. Unha situación anómala á que se chegou, segundo ao alcalde, por culpa de Alamancos.

Related posts

VEGALSA-EROSKI CELEBRA EN NOIA DEZ ANOS DO SEU LEITE DE MARCA PROPIA APOSTANDO POLA GANDARÍA LOCAL

CloudyX

A CONFRARÍA DE NOIA ARRANCARÁ EN OUTUBRO UNHA NOVA CAMPAÑA MARISQUEIRA QUE NON SERÁ ABUNDANTE

CloudyX

NOIA RECIBIRÁ 779.600 EUROS DO SEGUNDO POS ADICIONAL

CloudyX