Unha nova edición do proxecto EnClave chega a Boiro para o curso 2024 2025. Nacido no 2021, ten como obxectivo previr o acoso escolar e promover o benestar emocional xunto coa saúde mental nos centros de ensino do municipio.
Trátase dun programa de especial importancia para o goberno municipal. Aínda que sen competencias directas sobre o coidado da saúde mental, marcan isto como un dos obxectivos primordiais, especialmente na xuventude da vila.
Con 60 mil euros anuais invertidos dende o 2021 no proxecto EnClave, o alcalde califica como un éxito os resultados obtidos ata o de agora.