O oeste de Galicia verase afectado nas próximas horas polo furacán Kirk. Trátase dunha das múltiples tormentas formadas no Atlántico nas últimas semanas. Chegando a acadar a catergoría 4 durante a fin de semana, foise debilitando ao subir cara o norte e tocar augas máis frías.
Pasa así a ser un ciclón extratropical, é dicir, unha borrasca. Pero non unha das de toda a vida, Kirk chegará cunha dureza impropia do tempo chuvioso de Galicia. É por iso que hai quen se prepara para os posibles desperfectos dos vindeiros días, aínda que non todos lle dan tanta importancia.