Barbanza

A DXT COMEZA A CAMPAÑA ESPECIAL DE CONTROL E VIXILANCIA PARA REDUCIR AS DISTRACCIÓNS AO VOLANTE

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha campaña especial de vixilancia nas estradas para controlar as distraccións ao volante. Efectuarana axentes da Agrupacoión de Tráfico da Garda Civil xunto con Policía Local dos concellos que se suman e rematará o vindeiro domingo 13 de outubro.

A campaña reforzarase en entradas convencionais e nos tramos máis perigosos, advertindo os paneis luminosos do incremento no número de controis.

O obxectivo prioritario é alertar do perigo das distraccións ao volante, que dende o 2017 son a primeira causa concorrente máis frecuente nos sinistros de tráfico. Segundo informes da DXT, as distraccións ao volante estiveron presentes no 17 por cento dos accidentes no ano 2022, ao mesmo tempo que foi o factor concorrente no 31 por cento dos sinistros de tráfico con vítimas mortais.

O problema maioritario é o uso de dispositivos electrónicos. O ano pasado en Galicia rexistráronse 7801 denuncias por distraccións ao volante relacionadas co uso do teléfono móbil, auriculares ou outros aparellos, cun aumento do 23 por cento con respecto aos datos do ano anterior.

No 2023 os axentes de Tráfico da Garda Civil levaron a cabo esta campaña tamén no mes de outubro, controlando un total de 37 mil 548 vehículos nas estradas galegas e interpoñendo 839 denuncias. De todas ellas, case 200 estaban relacionadas co uso irregular do teléfono móbil.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.