A decimoterceira edición do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica e o cuarto Premio a Talentos Emerxentes xa están en marcha. O prazo de presentación de solicitudes pecha o 31 de xaneiro do 2025.
O empresario Ramiro Carregal, mecenas de ambos certames, é unha das figuras galegas máis comprometidas coa loita contra o cancro, como amosan estes dous galardóns.
O premio conta cunha ampla lista de gañadores nestas trece edicións. Máis dun cento de candidaturas de todo o mundo avalan un certame que trata de colaborar coa investigación oncolóxica básica e clínica. Un ano máis o galardón principal estará dotado de 30 mil euros.
O destinado a talentos emerxentes contará cun montante de 10 mil euros, e que afronta este ano a súa sexta edición.
Ambos premios terán o prazo de presentación de candidaturas ata o venres 31 de xaneiro do 2025 ás once e 59 horas da noite. As propostas deberán conter un breve resumo do proxecto e as razóns que motivan a súa relevancia, ademais dos datos do candidato proposto referentes ao seu currículo, méritos e publicacións realizadas.
As solicitudes poderán enviarse mediante correo certificado a unha dirección postal que figura nas bases, por correo electrónico ou subirse a través da propia páxina web do certame.